1. |
Ata cando
03:38
|
|||
Non quedes sentado a ollar para min, isto non pode ficar así
Soño soñando, soño soñar, que todo pode mellorar
Nunca atoparás unha solución nos petos do pantalón
Sabes que cando a vida che sorrí é porque algo quere dicir
Pensa en ti, esperta xa, é hora de espertar
Ata cando ides aturar esta merda sen protestar
Digan o que digan podes cambiar é cousa de espabilar
Pénsao ben, algo tes que facer, se non de que vas a comer?
Dende logo a revolución non se fai dende unha habitación
Érguete, camiña, ponte a berrar que isto ten que rematar
Pensa en ti, esperta xa, é hora de espertar
Ata cando ides aturar esta merda sen protestar
Pensa en ti, esperta xa, é hora de espertar
Ata cando ides aturar esta merda sen protestar
Non quedes sentado a ollar para min, isto non pode ficar así
Soño soñando, soño soñar, que todo pode mellorar
Nunca atoparás unha solución nos petos do pantalón
Sabes que cando a vida che sorrí é porque algo quere dicir
Pensa en ti, esperta xa, é hora de espertar
Ata cando ides aturar esta merda sen protestar
Pensa en ti, esperta xa, é hora de espertar
Ata cando ides aturar esta merda sen protestar
|
||||
2. |
Ese do espello
02:28
|
|||
Teño de baches cheo o meu cerebro
Hai moitos máis que pola rúa de San Pedro
Sempre dixeron: “o que nada non afoga”
Tal como están as cousas ninguén o di agora
Pechan as tendas, os cines, os bares
Botan ás familias dos seus fogares
Quen virá a prestarnos axuda?
Os políticos non, a eles lla suda
Paxaro en man que cento voando
Mentres polo cu séguennos dando
Tes que reaccionar, a que agardas?
Sae á rúa, xa tardas!
Quen é ese do espello?
Quen é ese do espello?
É o mesmo parvo pero vai algo máis vello
Xa non es o neno que xogaba
Aos trompos, ás canicas, ao parchís
Xa non es o rapaz que mercaba
Por cen pesos un anaco de hachís
Boa vida, Galiza calidade
Agora temos que vivir da caridade
Todo o país tirado pro lixo
Lémbrome da cona que vos fixo
Quen é ese do espello?
Quen é ese do espello?
É o mesmo parvo pero vai algo máis vello
|
||||
3. |
Dixeches
03:35
|
|||
Dixeches que tiñas que marchar
Que isto non podía continuar
Frechas disparadas
Que non deron na diana
Dixeches, dixeches
Dixeches que tiñas que marchar
Que tiñas que botarte a camiñar
Alonxarte do sol
Para non queimarte coa calor
Dixeches, dixeches, dixeches
Dixeches que tiñas que marchar
Hai cousas que nunca van cambiar
Que os latexos son
O que impulsa o corazón
Dixeches, dixeches
Dixeches que non ías esquecer
Que non tiñas nada que perder
Pedinche só un favor
Que o cambio sexa para mellor
Dixeches, dixeches, dixeches
Dixeches, dixeches, alonxarte do sol
Dixeches, dixeches para non queimarte coa calor
Dixeches, dixeches, dixeches que non, que non!
|
||||
4. |
O galego é do pobo
02:06
|
|||
Vouvos explicar, contar, relatar polo que teño este xeito de cantar
Non falo do ton nin de afinación, falo da normativización
Eu falo o galego que falaba miña nai, no que me contaba os contos o meu pai
O galego que herdei do meu avó e agora vesme ti a dicir que non é bo!
O galego é do pobo
Non dos pedagogos
O galego é do pobo
Para entendernos todos
Poida que non saiba tanto coma ti, que sexa o máis cazurro deiquí
Que non sexa axeitado o meu xeito de falar pero é moito máis fácil escoitar que criticar
Por iso ten moi claro o que vouche dicir, nunca cambiarei meu xeito de escribir
Por meter unha puta preposición non fodo a normativa pero fago unha canción
O galego é do pobo
Non dos pedagogos
O galego é do pobo
Para entendernos todos
|
||||
5. |
Onde vai a luz?
02:59
|
|||
Abre os ollos, achégate a min,
Escoita ben o que vouche dicir
Levo tempo non querendo ver
Chegou o momento, non sei que facer
Cando me miro vexo decepción
Non fun capaz de aprender a lección
Erro tras erro quedeime baleiro
Para convertirme nun mentireiro
Onde vai? Onde vai a luz?
Onde vai? Onde vai a luz?
Sei que isto é só unha canción
Non é suficiente para pedir perdón
Perdín a partida, teño que afrontalo
Ninguén se ergue se fica sentado
Loito comigo, non podo gañar
A miña derrota terei que aceptar
Non hai vencidos, non hai gañador
Só quedan buratos cubertos de dor
Onde vai? Onde vai a luz?
Onde vai? Onde vai a luz?
|
||||
6. |
Amencer en Yugoslavia
02:40
|
|||
Vinche camiñar sobre as ondas do mar
Sempre tes consellos para quen queira escoitar
Vin como voltabas da morte o terceiro día
Como afastabas aos que che querían
Vinche respostar, loitar, reaccionar
Motivando aos durmidos a poder espertar
Vin como enfrentabas aos servos do poder
Para que dunha vez deixaran de foder
Só quero unha noite máis
en Yugoslavia!
Só quero unha noite máis
en Yugoslavia!
Non mires atrás, leva o bo contigo
Sempre a tropezar xa dende raparigo
Deixarse levar non á unha boa idea
Rematarás bailando coa máis fea
Peta na mesa, faite respectar
Que o que durme con nenos mexado espertará
Non hai cartos, non hai traballo
Só tes ganas de mandar todo ao carallo
Só quero unha noite máis
en Yugoslavia!
Só quero unha noite máis
en Yugoslavia!
|
||||
7. |
Bonus track
03:25
|
deLombaos Santiago De Compostela, Spain
Fosi - Voz
Barbas - Guitarra
Julia - Baixo
Eddie - Trombón
Markos - Batería
Streaming and Download help
If you like deLombaos, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp